Amancio Ortega doa a sanidade pública 280 millóns para novos equipos contra o cancro

19 Outubro 2021

A Fundación Amancio Ortega doará 280 millóns á sanidade pública para comprar dez equipos de protonterapia para tratar o cancro. É a segunda gran doazón do fundador de Inditex ao Sistema Nacional de Saúde, despois dos máis de 300 millóns que achegou para a adquisición de equipos de diagnóstico e radioterapia.

Antes da finalización daquel gran programa, Ortega pon en marcha un novo donativo que, segundo apuntou José Arnau, vicepresidente segundo da fundación, situará a España entre os países con tecnoloxía máis avanzada para o tratamento oncolóxico. “Temos excelentes centros sanitarios e profesionais capaces, sen dúbida, de xestionar adecuadamente este proxecto. Temos todos os elementos necesarios para o éxito. Pola nosa banda, pódolles asegurar que faremos os mellores esforzos para completalo nos prazos máis curtos”, afirmou.

Os dez equipos repartiranse en:

Dous en Andalucía: Sevilla e Málaga.

Dos na cidade de Madrid.

Dous en Cataluña, en Barcelona.

Un na cidade de Valencia.

Un en Galicia, en A Coruña.

Un no País Vasco, en Vizcaya.

Outro nas Canarias, concretamente, en Gran Canaria.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.