A Xunta quere estender as tecnoloxías intelixentes á rede de residencias públicas autonómicas

06 Outubro 2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira de Política Social, a ribeirense Fabiola García, presentaron este 6 de outubro o modelo de residencia de maiores polo que vai apostar ao longo dos vindeiros anos o Goberno galego: unha residencia intelixente, onde “os últimos avances tecnolóxicos estean ao servizo do benestar das persoas usuarias”. Isto materializarase a través dun proxecto piloto, “pioneiro a nivel estatal”, que se estenderá durante o ano vindeiro a toda a rede galega de residencias públicas autonómicas. Este modelo tecnolóxico, sinalaron, facilitará o traballo dos coidados e a atención sanitaria.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado da conselleira de Política Social, Fabiola García, visita o proxecto piloto de residencia dixital intelixente que se implantou no centro público autonómico da Estrada (praza Martínez Anido, 3). A Estrada (Pontevedra), 05/10/21.

O dito proxecto piloto xa está en marcha, dende o mes de xullo, no centro público autonómico da Estrada e contando coa colaboración dun histórico referente tecnolóxico da nosa terra: a santiaguesa Televés. Entre as novidades que incorpora este novo modelo de residencia, que foi visitada este 6 de outubro polo presidente da Xunta, atópase un monitor multiparamétrico, que permite que o persoal enfermeiro dedique menos tempo a trámites e transcricións e máis ao coidado personalizado da persoa maior. Ademais, os cuartos transfórmanse en habitacións intelixentes, con sensores que avisan se a persoa maior ten unha caída ou deambula de noite. Así mesmo, Feijóo salientou que os residentes con algún tipo de deterioro cognitivo “poderán pasear con máis seguridade, dentro ou fóra da residencia, coa aplicación dun novo sistema de seguimento, un sistema que tamén posibilitará que os profesionais poidan xeolocalizar aos usuarios nas excusións no caso de extraviarse”.

O presidente, a maiores do devandito destacou que as persoas maiores poderán multiplicar as súas posibilidades de lecer “grazas á instalación de monitores intelixentes que lles permitirán, por exemplo, facer terapias ou contactar coas súas familias sen saír da habitación”.

O Goberno galego investirá máis de medio millón de euros nas obras de mellora desta residencia de maiores da Estrada. Unha partida que permitirá o cambio das ventás, a instalación dun ascensor, a instalación dun sistema de climatización ou a creación dun xardín exterior de máis de 300 metros cadrados.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.