A Cruz de Lampedusa chegou á Pobra

15 Outubro 2021

A Cruz de Lampedusa chegou á Pobra para divulgar o drama da migración no CPR Divino Maestro Feita na illa italiana que lle da nome, e tallada a partir dun caiuco naufragado no que morreron preto de 360 peroas, foi bendecida polo Papa Francisco.

A Cruz de Lampedusa chegou á Pobra para divulgar o drama da migración no CPR Divino Maestro

No contexto da inmigración subsahariana cara Europa, un dos caiucos que transportaba a preto de cinco centas persoas afundiu fronte á costa da illa italiana de Lampedusa. O balance foi o rescate de 155 supervivintes e a morte de 360 persoas, aproximadamente. Isto xerou unha gran conmoción na sociedade italiana, chegándose a decretar un día de loito nacional neste país. O carpinteiro Francesco Tuccio compuxo unha cruz latina cos restos de madeira deste naufraxio, en conmemoración dos falecidos, erguendo unha peza de 60 kilogramos, 2,80 de altura e 1,50 metros de ancho. Posteriormente, no ano 2014, o Papa Francisco bendeciu a Cruz de Lampedusa e pediu que esta obra recorrese o mundo. Atendendo a este contexto, nesta semana o centro de formación profesional Divino Maestro da Pobra do Caramiñal recibiu a visita da Cruz, que serviu para concienciar ao alumnado do drama que supón a migración. Os estudantes asistiron a charlas explicativas sobre a problemática da migración e a necesidade de ofrecer respostas solidarias e humanitarias a este drama. Tamén realizaron actividades centradas na migración e o dereito a ter unha vida digna con independencia da raza, relixión ou cultura. Adxúntanse imaxes do alumnado coa Cruz de Lampedusa.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.