A Asociación de Empresarios da Pobra pide incrementar a vixilancia policial no concello para pór freo á vaga de roubos

27 Outubro 2021

A Asociación de Empresarios da Pobra (AEPuebla) vén de emitir un comunicado no que manifesta a súa preocupación pola recente vaga de roubos no concello e as medidas que se puxeron en marcha para atallala. De feito, o elevado número de roubos motivou que a patronal contactase coa Garda Civil de Boiro ao obxecto de coñecer información relativa ás xestións realizadas polo devandito corpo para atallar o devandito problema e o resultado das mesmas.

O Cuartel da Garda Civil de Boiro

Segundo informa a asociación, foille comunicada dende o Cuartel de Boiro a detención de dúas persoas detidas, así como do rexistro de “pistas moi positivas” para proceder de inmediato á detención do resto dos presuntos ladróns.

A patronal da Pobra salienta no comunicado o feito de que nada máis realizar a referida entrevista do destacamento de Boiro, recibiu información dun novo roubo noutro café-bar que repetía a mesma escena de días pasados.

A Asociación de Empresarios tamén pon foco no traballo despregado pola Policía Local, que se “atopa baixo mínimos en persoal”, sinalan, engadindo que “este feito imposibilita a garda nocturna que sen dúbida dificultaría en gran medida as actuacións destes cacos”. A patronal aproveita para requirir ao alcalde que “inicie o proceso para dotar a este corpo de gardas suficientes para cubrir o servizo nocturno de forma urxente e pór orde a esta situación”. E engaden: “Novamente as xestións da Garda Civil de Boiro merecen unha vez máis o noso agradecemento que xa realizamos persoalmente”.

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

Pesar na comarca polo pasamento de Severino Escuris Batalla

O empresario barbancés Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa, faleceu este mércores aos cen anos de idade, pechando unha vida centenaria estreitamente ligada ao desenvolvemento do sector pesqueiro e conserveiro galego. Nado en Rianxo ou 18 de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.