Xuizo a un probrense para o que piden 14 anos por prender lume

05 Setembro 2021

A próxima semana a Audiencia Provincial en Santiago serán escenario do xuizo dun probrense que deberá responder como presunto autor dun delito de incendio polo que a Fiscalía reclama 14 anos de prisión e tamén quebrantamento de condena, que suma outros oito meses máis de cárcere.

Os feitos polos que terá que comparecer o venres na Audiencia tiveron lugar a finais de maio do ano pasado cando ás desavinzas entre familiares fixo que un deles prendera lume ao rocho onde vivía o seu irmán. O imputado tiña unha orde de afastamento do seu parente, quen se viu obrigado a irse a vivir ao rocho, mentres que o procesado e a súa nai residían nun piso dese mesmo edificio situado na urbanización de O Lagar.

Uns días antes do suceso protagonizaron unha pelexa na que o acusado agrediu e ameazou de morte á vítima. Aproveitando que a súa proxenitora marchouse a traballar, o 28 de maio rebentou a porta do rocho no que durmía o seu familiar e sacou do habitáculo todos os seus aveños.

Os axentes da Policía Local que chegaron ao lugar fixérono recapacitar e devolveu todo ao seu sitio, pero pouco despois cambiou de opinión e decidiu prenderlles lume. O incendio propagouse con rapidez fixo que todos os garaxes e rochos situados en dúas plantas se encheran de fume.

Os veciños do edificio tiveron que ser desaloxados durante horas, e unha decena de vehículos víronse afectados polo fume e as cinzas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...