Volve o pasaporte Covid para a hostalería. Galicia quedará no nivel medio baixo de restricións agás Monforte

14 Setembro 2021

O Supremo avala que Galicia esixa o pasaporte Covid para acceder á hostalería.


O Tribunal Supremo acaba de avalar a medida adoptada pola Xunta de Galicia o pasado agosto de esixir pasaporte Covid para acceder a establecementos de lecer e hostalería da comunidade. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tombou o acordo e a esixencia deixou de ter vigor, pero o Goberno decidiu recorrelo e agora acaba de recibir unha lombeirada.

A Sección Cuarta da Sala do contencioso-administrativo autorizou a medida, que a Xunta puxo en marcha para reducir os contaxios, ao considerar que é idónea, necesaria e proporcionada. “O beneficio que proporciona a medida, respecto da redución significativa dos contagios, é moi superior ao sacrificio que comporta a esixencia de presentar a documentación para o acceso ao local”, conclúe a Sala.

Tras recibir o aval do Supremo, o comité clínico de expertos que asesora ao Goberno galego na xestión da pandemia volverá analizar a aplicación do pasaporte, aínda que a reunión deste organismo, celebrada este martes pola tarde, non serviu aínda para tomar ningunha decisión definitiva. A decisión está en estudo, pero desde Sanidade sinalan que este tipo de decisións analízanse e consensúan con máis tempo.

O fallo, do que é relator a maxistrada María del Pilar Teso, dá un apoio sen fisuras á Xunta porque “non se atisba ningunha medida que resulte máis adecuada para salvagardar a vida e a saúde dos cidadáns, nese tipo de locais”.

A sentenza, de todos os xeitos, inclúe o voto particular do maxistrado Antonio Jesús Fonseca no que entende que a esixencia do pasaporte Covid afecta de forma “severa, extensa e intensa” aos dereitos de igualdade e intimidade.

Na súa resolución, o Supremo fai mención ao precedente dunha sentenza anterior de leste mesmo tribunal na que se rexeitou o pasaporte Covid en Andalucía. A diferenza entre ambos os territorios é que no andaluz non se xustificou a necesidade da medida que se estendeu ao conxunto do territorio andaluz de forma xeral, aplicable a toda a poboación e municipios con independencia da taxa de incidencia e sen vinculación a situación sanitaria e evolución.

GALICIA QUEDARÁ NO NIVEL MEDIO BAIXO DE RESTRICIÓNS AGÁS O CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

  • Así o acordou o comité clínico reunido na tarde deste martes

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, que Galicia quede no nivel medio baixo de restricións, agás o concello de Monforte de Lemos, que estará no nivel medio.

Estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 18 de setembro.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.