Rianxo acolle os días 24 e 25 de setembro a novena edición das Xornadas arredor da música tradicional

22 Setembro 2021

A Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) organiza os vindeiros 24 e 25 de setembro, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e coa participación do Concello de Rianxo, a novena edición das Xornadas arredor da música tradicional. O programa incluirá relatorios de investigación vencellados á nosa cultura e a presentación novas publicacións.

A continuacións damos conta do programa.

Venres 24 de setembro

17.00 – Relatorio I De raíz galega: os arranxos sobre temas tradicionais no concurso de Ponteareas (2010-2020). Marina F. Vigo

17.50 Quenda de preguntas

18. 00 – Descanso

18.30 – Relatorio II A musette barroca: un achegamento ao instrumento e ao seu repertorio. Nadia Vázquez

19.20 Quenda de preguntas

Sábado 25 de setembro

10.30 – Relatorio III A creación e evolución das formacións musicais populares no sur galego: ¿Unha experiencia extrapolable?. Xerardo F. Santomé

11.20 Quenda de preguntas

11.30 – Relatorio IV Aproximación á gaita e seu uso no Bierzo e Cabrera. Diego Bello

12.20 Quenda de preguntas

12.30 – Descanso

13.00 – Presentacións de publicación: The Essence of our traditional sound. Alexandre Cadarso

13.20 – Parada para xantar

16.30 – Relatorio V A guitarra: instrumento tradicional galego. Isabel Rei

17.20 Quenda de preguntas

17.30 – Presentacións de publicacións: 17.30: Os Encantiños do Umia. Carlos Rey e Cristian Silva. Ed. O Faiado da Memoria e 17.50: A música e Mondariz: historia, personaxes e agrupacións. Chiqui Bernárdez, Raquel Faro, Felix Rodríguez Míguez. Ed. Dos Acordes

18.10 – Descanso

18.30 – Relatorio VI A gaita de barquín, un instrumento olvidado. Diego Alonso

19.20 Quenda de preguntas

Lugar e inscricións

As actividades desenvolveranse no Pazo de Rianxo e máis en liña a través da páxina en Facebook da AGG.

As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.gal indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e enderezo de email.

Outros artigos

Todo listo para o comezo (este venres) do festival Jazz Noia

Este venres 14 de agosto arrinca un dos grandes eventos culturais da tempada estival na comarca: a edición 2026 do festival Jazz Noia 2026, organizado polo Concello de Noia a través da Concellería de Cultura. Celebrarase as noites do venres 14 e o sábado 15 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.