Retómase na Pobra a cuarta edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia

15 Setembro 2021

A Pobra do Caramiñal retomou a cuarta entrega do ciclo Camiños de Coñecemento e Experiencia, impulsado pola Universidade de Santiago en colaboración cunha rede de Concellos da nosa terra, incluído o da Pobra, que explica que este ciclo tivo que ser adiado en abril “dada a situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 que atravesaba o municipio naquelas datas”.

O ciclo é un programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dirixido a veciñanza maior de 50 anos. No caso da Pobra retomarase na vindeira semana en colaboración coa Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE).

Esta convocatoria focalizarase nas temáticas da astronomía, do patrimonio industrial e da música clásica galega. Cada unha delas constará dunha sesión teórica e outra práctica da man de persoal docente vencellado ao referido proxecto.

Comezará no 22 de setembro co coloquio O sistema solar e a Vía Láctea, a cargo de José Ramón González Vidal e Pedro Pablo Campo Díaz. Regresarán no día 24 cunha observación astronómica nocturna.

José Manuel Vázquez Lijó impartirá no día 23 o seminario Revisando a historia dende unha perspectiva local: o patrimonio industrial e as memorias da experiencia laboral no estudo da modernización das vilas costeiras de Galicia nos séculos XIX e XX, que se complementará no día 30 cunha visita ao Museo ANFACO da Conserva, en Vigo.

E no día 27 será a quenda de Laura Touriñán Morandeira con Marcial del Adalid y Gurrea (1826-1881). Un capítulo único da nosa Historia de Galicia e da nosa Historia da Música Clásica Galega que terá continuidade na xornada seguinte.

As prazas xa están completas. A parte teórica desenvolverase en horario de 16.30 a 18.00 horas no Auditorio do Museo Valle-Inclán. No transcurso do ciclo seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.