O conto musicado A Loba Antea, este día 16 na Biblioteca Municipal da Pobra

13 Setembro 2021

A Biblioteca Municipal Victoriano García Martí acollerá este 16 de setembro, ás 18.00 horas, a función infantil A Loba Antea, da man de A teta dos contos. Trátase dunha actividade dirixida a crianzas que narra como no camiño do Irixo que vai cara Compostela atópase unha loba que coidará do bosque polo que os camiñantes pasan, pero ademais diso, é unha loba artista, acróbata e equilibrista.

Trátase, en palabras do Cultura do Concello, “dun conto musicado que tenta transmitir os valores do coidado e respecto á natureza, ademais de tratar a idiosincrasia da nosa terra”.

As prazas son limitadas, polo que é preciso realiza-la reserva a través do enderezo electrónico bibliotecadapobradocaraminal@gmail.com ou do teléfono de contacto 981 831 633, indicando nome, apelidos e teléfono de contacto. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), ao abeiro do programa Ler Conta Moito.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.