O Concello da Pobra e a Xunta asinan un convenio relativo á contratación de auxiliares de Policía Local

17 Setembro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal e a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo asinaron nesta semana un convenio de colaboración que supón unha subvención á Administración local para sufragar o gasto na contratación de auxiliares da Policía local durante a tempada de verán deste 2021. Esta axuda abéirase plan específico de subvencións a concellos turísticos de Galicia “con elevado incremento poboacional”.

Segundo datos do Instituto Galego de Estatística, A Pobra do Caramiñal atópase entre os concellos turísticos de Galicia con poboación superior a 5.000 habitantes que dispoñen de maior número de prazas de aloxamento e, durante a época estival, “considérase que o incremento de poboación require contar cunha seguridade pública municipal reforzada”.

Así, a Administración local resulta beneficiaria dunha achega de 7.000 euros para contribuír a sufragar o gasto total das contratacións efectuadas, que ascende a 35.659’56 euros.

O Concello expresa o seu agradecemento á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo por “continuar habilitando liñas de axudas desta natureza a entidades locais durante a crise provocada pola pandemia derivada da COVID-19”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.