O BNG inicia a segunda fase da súa campaña de sinaturas a prol da baixada da factura da luz

21 Setembro 2021

O BNG está a levar a cabo dende hai meses unha campaña de recollida de sinaturas entre a veciñanza da comarca de Muros-Noia, destinadas a recadar apoios a prol de medidas que fagan real e efectiva unha baixada do prezo da luz. Segundo sinala a agrupación, xa foron entregadas no mes de xullo, no Parlamento Galego, 24.000 rúbricas. Agora, “ante a escalada sen teito da factura eléctrica”, comeza unha segunda fase de recollida de sinaturas.

Segundo lembra o BNG poñéndonos en situación, “na última década, no caso da electricidade, a factura aumentou un 87%, mentres os salarios e as pensións perderon poder adquisitivo. Nun país que produce electricidade a esgalla, 450.000 persoas non poden prender a calefacción e 73.000 fogares teñen dificultades para pagar a factura da luz”. Ademais, engaden, a nosa terra foi e é unha potencia eléctrica, que produce máis enerxía da que consume. “O excedente vai para fóra, sobre todo para Madrid, e, aínda así, as galegas e galegos non nos beneficiamos deste feito de ser produtores e pagamos a mesma factura que na capital de España e outras zonas do Estado, que non producen nada”. É por isto que o BNG está a reclamar unha tarifa eléctrica galega, “que teña en conta esta condición de produtores, debendo repercutir deste xeito nunha baixada substancial da factura, tanto en particulares como nas empresas”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...