O BNG esixe a paralización cautelar do parque eólico do monte da Pena

15 Setembro 2021

O BNG pediu este 15 de setembro no Parlamento a paralización cautelar do parque eólico previsto no monte da Pena (Outes) para “protexer a súa riqueza patrimonial e natural”. A parlamentaria da nosa comarca Rosana Pérez denunciou que Barbanza e Muros-Noia son “un claro exemplo da ocupación abusiva por parte das empresas eléctricas e que de seren aprobados os novos parques eólicos soportarían 9 dos 14 proxectos”. En concreto, dixo que na nosa contorna xa están en funcionamento cerca de 400 muíños cunha potencia de máis de 300 MW e achegando enerxía para cubrir as necesidades de máis de 450.000 familias, “a metade das que existen en Galiza”.

Segundo os datos do Rexistro Eólico autonómico, serán os concellos de Outes e Mazaricos os que soportarán “14 dos 9 parques previstos”. É dicir, nada menos que “9 de cada 10 muíños”, dixo, engadindo que “de seren aprobados os proxectos dos novos parques eólicos, as 20 instalacións existentes se duplicarían a curto prazo e a potencia se multiplicaría por 3 con 114 muíños máis e cun tamaño e capacidade para xerar electricidade por riba de 6 veces en relación aos que funcionan na actualidade na comarca”. Concretamente, no concello de Outes, dixo, “os parques previstos, con moi pouca distancia entre si, converterían toda a zona, “nun megaparque eólico” cun falso fraccionamento nunha mesma área xeográfica e con liñas de evacuación e outras infraestruturas en común que facilitaría o procedemento de instalación, algúns deles “raiando o límite legal” e situándoos a escasos 500 metros de numerosas aldeas.

Rosana Pérez lembrou que no pasado mes de xuño publicábase no DOG a Resolución da Declaración de Impacto Ambiental do parque eólico de Outes, nos concellos de Negreira e Outes, promovido pola empresa Norvento, S. L. Un parque eólico de 21 MW de potencia total e composto por 7 aeroxeradores e toda a súa infraestrutura ao longo do Monte da Pena.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.