O BNG advirte dos problemas que carrexaría o proxecto de macroparque eólico Huracán

07 Setembro 2021

Integrantes do BNG visitaron os lugares de Vilardante e Vilafabeiro (Noia) logo de coñecer o anuncio do Ministerio de Política Territorial no cal somete a información pública, no BOP, unha solicitude de autorización administrativa previa para a instalación do “Parque Eólico Huracán”, que, segundo explicaron os nacionalistas con motivo da dita visita, localizariase nos municipios de Noia, Lousame, Rois, Brión, Ames e Santiago.

A agrupación sinalou que o macroparque, segundo o anuncio no propio BOP, “contaría cuns aeroxeradores dunha altura amplamente superior aos 100 metros de altura, situándose o seu rotor a 105 metros sobre o chan”.

O achegamento á zona do BNG tivo como motivo ter unha primeira aproximación á veciñanza de Vilardante e Vilafabeiro para informala do anuncio no BOP da solicitude de instalación do parque e da posibilidade do establecemento dun grande aeroxerador na contorna destes lugares.

O portavoz do BNG en Noia, Ricardo Suárez, sinalou que na formación “contemplamos con preocupación o planeamento do parque pois supón a instalación dun enorme aeroxerador a 550 metros das casas e a tan só 390 do xacemento arqueolóxico do Castelo Miúdo’”.

Do mesmo xeito, indicaba o voceiro dos nacionalistas, “comprometémonos a estudar o proxecto e prestar toda a axuda necesaria durante as vindeiras semanas e meses aos afectados”. Por último, Suárez fixo fincapé en que “prestarán atención a outros posibles impactos ambientais e paisaxísticos tendo tamén en conta a afectación sobre a ruta do novo Camiño de Santiago dende a ría de Muros e Noia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.