Na Pobra xa se poden conseguir por email as entradas para as misas exteriores do Nazareno

07 Setembro 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que, con motivo da festividade do Nazareno, no 19 de setembro contarase con tres misas na praza Alcalde Segundo Durán: ás 11.15, 12.15 e 13.15 horas.

Estas misas contarán cun exhaustivo protocolo de seguridade fronte á COVID-19, polo que o acceso á dita praza estará controlado mediante entrada con código QR.

Os tíckets xa se poden conseguir de maneira telemática a través do enderezo electrónico nazarenopobra@gmail.com. Segundo indica o Concello, será preciso indicar nome e apelidos da persoa titular das entradas e o número de tíckets que se precisan, establecendo un máximo de 4 por persoa, un número de teléfono e especificar a hora da misa á que se quere asistir.

Así mesmo, persoas voluntarias da Protección Civil realizará un reparto presencial á entrada da Novena na igrexa de Santiago do Deán, a partir do día 10, inclusive.

De non completarse a cabida, no propio día 19 habilitarase un posto para a recollida de entradas nas inmediacións da praza.

Outros artigos

O Concello da Pobra presenta o VII Ciclo Victoriano García Martí

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 14 de abril o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa xa consolidada no calendario cultural do municipio que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da súa historia. A programación,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.