Na Pobra detidas dúas persoas por ter unha plantación de cánnabis

10 Setembro 2021


Dúas persoas da Pobra foron detidas pola Benemérita acusadas de ter unha plantación de cánnabis nun invernadoiro anexo á súa vivenda. As plantas eran de gran tamaño e lanzaron un peso de 121 quilos.

G.C.

A Garda Civil procedeu á detención de ambas as persoas como presuntas responsables dun delito contra a saúde pública e á incautación das plantas achadas, as cales lanzaron un peso de 121 quilogramos.

Os arrestos tiveron lugar no marco da operación Motogreen, que se puxo en marcha despois de ter coñecemento os axentes da posible existencia dunha plantación de cánnabis na súa demarcación.
Tras a análise exhaustiva da información solicitada, a Garda Civil logrou localizar as mencionadas plantas e identificar aos presuntos responsables. A plantación estaba situada nun invernadoiro anexo á vivenda dos arrestados. Estaba composta por unha gran cantidade de plantas de cánnabis sativa de gran tamaño, que se atopaban en plena floración.

Os arrestados, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de garda de Ribeira.

A Garda Civil agradece a colaboración dos cidadáns que achegaron información fundamental para o desenvolvemento da operación.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...