Na Pobra a praia dos Areos acolleu xornada de turismo mariñeiro accesíbel

06 Setembro 2021

Persoas usuarias da asociación comarcal Ambar (centrada na inclusión de persoas con diversidades funcionais ou motrices) participaron neste 6 de setembro nunha xornada de turismo mariñeiro que se desenvolveu na praia dos Areos e na que puideron coñecer o labor das mariscadoras, así como os bivalvos que medran nos areais do concello.

Previamente, asistiron no Auditorio do Museo Valle-Inclán á proxección dun vídeo onde se amosa toda a cadea pola que pasan os recursos marisqueiros: dende o proceso extractivo ata que chegan aos pratos en forma de elaboradas receitas.

Trátase dunha iniciativa posta en marcha por parte da Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), e da Asociación Mar da Pobra.

A concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), acompañou ás persoas participantes e puxo en valor este tipo de accións inclusivas, para a cal o Concello facilitou as cinco cadeiras anfibias (sendo preciso unicamente a utilización de tres para esta ocasión) que adquiriu no 2019 ao abeiro do proxecto Da praia ao prato presentado a unha subvención do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da que a Administración local resultou beneficiaria.

Na xornada tamén participou a presidenta da Asociación Ambar, Milagros Rey, quen agradeceu ao Concello este tipo de propostas, así como os medios para que se poidan levar a cabo.

Por último, Rosa Millán, presidenta da Asociación Mar da Pobra, destacou a boa acollida que tivo esta actividade ao longo de todo o verán e a importancia de face-la inclusiva.

Para o transcurso da xornada tamén se contou coa colaboración de voluntarios da Protección Civil.

Outros artigos

O Concello da Pobra presenta o VII Ciclo Victoriano García Martí

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 14 de abril o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa xa consolidada no calendario cultural do municipio que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da súa historia. A programación,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“O mundo non está en perigo polas malas persoas, se non por aquelas que permiten a maldade.Albert Einstein: Alemania 1879 - EUA 1955. Físico e matemático. No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP)permitiu a exclusión do...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.