Na comarca aumentan nos últimos sete días Boiro e Muros en casos positivos da Covid-19. Ribeira tamén sobe

06 Setembro 2021

Forte alza en Monforte, melloría na comarca de Santiago e empeoran Muros, O Barco e Boiro
Na última semana na comarca os concellos que peor se están comportado son Muros (cunha suba do 24% de positivos respecto a a semana pasada) e sobre todo Boiro (47%). Tamén empeoran O Barco de Valdeorras (25%), Pobra de Trives(25%) e Pobra do Brollón, que duplica os seus casos.

Municipios onde os positivos están a baixar desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior 1 (0 implica que non houbo nin un positivo na última semana): Noia 0,82.

Municipios onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1: Ribeira 1,13, Muros 1,24 e Boiro 1,47.

Boiro rexistra 11 casos; Muros 21 casos; Noia 16 positivos; Ribeira 22 casos; o resto dos concellos da comarca entre 1 e 9 casos.

Por áreas sanitaris os novos casos rexistrados baixaron en todas as áreas, excepto Ferrol e Pontevedra, con lixeiros incrementos, e a área de Lugo, cunha subida máis acusada. Deste xeito, confirmáronse 63 novos contaxios na área de Lugo (18 máis), 44 novos casos na área da Coruña (7 menos), 32 contaxios novos na área de Santiago (9 menos), 20 casos novos na área de Ourense (3 menos), 15 novos contagios na área de Pontevedra (un máis), 11 contagios na área de Vigo (15 menos) e 9 contagios na área de Ferrol (3 máis).

RESTRICIÓNS DESDE O SÁBADO 4 DE SETMEBRO ÁS CERO HORAS

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.