Musicalizando volverá impulsar o talento da rapazada de Noia

Se ben a pandemia levou por diante moitas cousas, tamén é verdade que outras moitas volveron coa desescalada e coa mellora da situación epidemiolóxica, é o caso do programa formativo Musicalizando, que está de volta no concello de Noia. Regresa, concretamente, a mediados deste mes de outubro, segundo confirmou a área de Cultura municipal.

O concelleiro de Cultura de Noia, José Pérez, presentando a programación formativa

O obxectivo, en liñas xerais, é ofrecer unha xornada semanal (o xoves) ateigada de formación musical, achegando recursos para o desenvolvemento dos moitos e variados talentos creativos e interpretativos que atesouran as nenas e e os nenos. Haberá clases de guitarra, instrumentos de vento, piano, úsica en movemento, coro, linguaxe musical, e este ano tamén folclore tradicional galego. As inscricións están abertas dende o día 15 de setembro ata o 1 de outubro. As persoas interesadas poden obter a folla de inscrición a través dunha ligazón en Facebook. As prazas cubriranse por orde de entrega.