Este 9 de setembro comezan os obradoiros de autocoidado para mulleres de Ambar

07 Setembro 2021

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional impartirá este xoves 9 de setembro a primeira xornada do obradoiro para mulleres A Tribo do Autocoidado, unha iniciativa destinada á poboación feminina da comarca da Barbanza con vistas a “reactivar as súas ferramentas para o autocoidado e o afrontamento do estrés” e a través “dunha perspectiva de amabilidade e respecto”. As inscricións poden facerse até este mércores 8 a través da web da asociación con sede en Ribeira e A Pobra.

Esta actividade forma parte do programa OIGO, Programa Integral de Empoderamento e autoxestión para mulleres, e ten financiamento da Secretaría Xeral da Igualdade.

Nos obradoiros, durante cinco sesións de tres horas, as participantes poderán exercitar e desenvolver as súas habilidades persoais para o autocoidado, mediante o exercicio de prácticas de mindfulness, terapia gestalt e psicodrama.

As actividades, que son totalmente de balde, desenvolveranse todos os xoves de setembro cun grupo de 10 persas máximo. Serán impartido por Mª Carmen Glez. Hermo, psicóloga na Asociación Ambar, experta en psicoloxía de emerxencias, membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias e membro do equipo fundador do Espazo de Autocoidado do COPG.

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.