Cultura de Noia presenta o programa definitivo do Vilablues, polo que pasarán Roy Ellis, Shirley Davis ou Blues do País

16 Setembro 2021

A actividade cultural da nosa comarca, lonxe de esmorecer neste punto de inflexión entre o verán e o outono, revitalízase e volve vibrar, ampliando o panorama de citas ás que acudir para que non quede ningunha demanda de tendencia por atender. Por exemplo, quen queira música de raizame afroamericana con algún dos máis sobranceiros representantes diso que se vén chamando blues, vaina ter en Noia entre os días 1 e 3 de outubro. O motivo, a celebración do Vilablues Fest, que vén de presentar o seu cartaz definitivo.

As entradas estarán dispoñíbeis este 16 de setembro a partir das 12.00 horas, segundo confirmou Cultura do Concello.

Artistas como Roy Ellis, Shirley Davis & The Silverbacks ou Blues do País forman parte da ampla programación. Tamén confirmaron a súa presenza Espiño, Tail Dragger, Adrián Costa, Mallou, Shanna Waterstown, Combo Batanga, J.P. Bimeni & The Black Belts, Duendeneta D.J.S, Jay Doe & The Blues Preachers (con Figui) e Little Neno descobre aos Rolling Stones.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.