A xira Girl STEAM de AGASOL e AMTEGA recala en Rianxo co inicio de outubro

22 Setembro 2021

AGASOL (Asociación Galega de empresas de Software Libre) e a axencia autonómica AMTEGA seguen estes primeiros días do outono coa súa xira de divulgación tecnolóxica nos concellos (un total de dezaoito nesta edición) destinada a fomentas novas vocacións tecnolóxicas entre a rapazada poñendo o foco nas nenas e nas mozas. Trátase da nova xira do proxecto Girl STEAM, derrubando estereotipos, que chegará con dous obradoiros á Aula de Informática do Auditorio de Rianxo, o 1 e o 2 de outubro.

O obxectivo deste proxecto é motivar as vocacións tecnolóxicas entre a mocidade, especialmente entre as rapazas, para que aposten por carreiras STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Artes e Matemáticas) e polas profesións do ámbito das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación).

Os contidos dos obradoiros son os que citamos de seguido, adaptados ás idades e características de cada grupo e facendo fincapé en cuestións como a igualdade, o sentido crítico ante a tecnoloxía, o uso creativo das novas ferramentas, a colaboración e traballo en equipo e as oportunidades de desenvolvemento real que abren os recursos dixitais.

-Tarxeta micro:bit: para aprender a programar de xeito doado e divertido

–Maching learning for kids: ferramenta para achegarnos á Intelixencia Artificial

-Makey Makey: kit de creación interactivo para experimentar, investigar, é ideal para practicar nunha contorna real a programación con Scratch.

-Circuítos en papel: crearase un circuíto eléctrico co obxectivo de facer brillar un LED nun papel ou tela, incluíndo asemade diferentes sensores e actuadores e preparando o terreo para elaborar cómics, postais pop-up, libros luminosos, papiroflexia interactiva…

Desenvolveranse dous talleres na ​​​​​​​Aula de Informática (Auditorio de Rianxo) cos seguintes horarios:

-Venres 1 de outubro de 17 a 20 h, para a rapazada de 8 a 11 anos

-Sábado 2 de outubro de 10.30 a 13.30 h, para a rapazada de 12 a 15 anos

As prazas son limitadas, e a inscrición de balde no correo electrónico xuventude@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 181 401.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.