A Pobra estende as xornadas de turismo mariñeiro a grupos escolares de toda Galicia

17 Setembro 2021

A actividade de turismo mariñeiro da Pobra vai chegar á rapazada dos colexios. Farao ao longo dos vindeiros meses da man da Concellaría do Turismo, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), e a Asociación Mar da Pobra. As actividades chegarán a grupos escolares de Infantil e Primaria de centros educativos de toda Galicia.

A idea, sinala o Concello, é “dar continuidade a esta iniciativa cos obxectivos principais de achegar o oficio das mariscadoras ás novas xeracións e fomentar así o respecto polo mar, polo traballo neste ámbito e polo medio natural, ademais de contribuír con esta acción á desestacionalización da demanda turística”.

A primeira destas xornadas de turismo mariñeiro dirixida a escolares terá lugar no 21 de setembro con alumnado de 4° da primaria do CEP Salustiano Rey Eiras.

Todas as visitas transcorrerán en horario de mañá, adaptándose á xornada lectiva dos centros, e comezarán coa proxección dun vídeo sobre a cadea pola que pasan os recursos marisqueiros, no Auditorio do Museo Valle-Inclán, para, posteriormente, desprazarse ata a propia praia, ben sexa na dos Areos ou na dos Raposiños, para coñecer in situ da man das mariscadoras os distintos bivalvos que se ocultan baixo a area.

Seguirase así o formato das xornadas que transcorreron durante o verán, pero “cun discurso adaptado ao rango de idade do público para que a experiencia resulte máis didáctica, polo que tamén se contará con láminas de apoio para os nenos e nenas”, engadiron o Concello e máis a asociación.

Outros artigos

Pesar na comarca polo pasamento de Severino Escuris Batalla

O empresario barbancés Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa, faleceu este mércores aos cen anos de idade, pechando unha vida centenaria estreitamente ligada ao desenvolvemento do sector pesqueiro e conserveiro galego. Nado en Rianxo ou 18 de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.