A Biblioteca Municipal da Pobra achega estes días dúas citas obrigadas para o público infantil

30 Setembro 2021

A Biblioteca Municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal achega estes días dúas importantes citas para o público infantil. Para comezar, este 7 de outubro, ás 18.00 horas, será a quenda de Aventuras dunha toupa arqueóloga, a cargo de Pedras de papel. Trátase dun contacontos con monicreques e obxectos que achega o traballo das arqueólogas e o patrimonio cultural galego ás crianzas a través das aventuras dunha toupa arqueóloga, coñecida como Harris, que escava unha mámoa sobre a que existe unha curiosa lenda. Alí atopará unha serie de debuxos xeométricos, así como moitos segredos agochados baixo terra.

Ademais, no 14 de outubro, ás 18.00 horas, terá lugar na Biblioteca o espectáculo Bibliotemaxia. A través dunha historia máxica repleta de referencias literarias, Leo Leiño vai contando como se fixo maga e inventora. Unha sesión chea de risas para toda a familia.

As prazas son limitadas, polo que é preciso realiza-la reserva a través do enderezo electrónico bibliotecadapobradocaraminal@gmail.com ou do teléfono de contacto 981 831 633, indicando nome, apelidos e teléfono de contacto. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), ao abeiro do programa Ler Conta Moito.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.