Volven na Pobra os concertos do Sons da Vila

19 Agosto 2021

Tendo en conta a evolución favorábel da COVID na Pobra, o Concello decidiu retomar a programación do ciclo Sons da Vila deste 2021. Trátase dunha proposta organizada pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa produtora Silencio Roto e concibida para as terrazas dos locais hostaleiros ao tempo que se contribúe a visualizar e reivindicar os grupos locais.

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 82

Este ciclo volve neste 19 de agosto, na praza Victoriano García Martí, con Concierto Descaro e continuará nas vindeiras xornadas con Amoenus (día 20, praia da Illa); Human (día 22, Xardíns de Valle-Inclán); Mar Davila Trío (día 25, Xardíns de Valle-Inclán); Culpables (día 26, praza Victoriano García Martí); e Os Bugis (día 27, praza de Maura).

O evento concluirá no mes de setembro con Caras B (día 3, Xardíns de Valle-Inclán) e Adolfo FH (día 10, praza Paulino Santos).

Tódalas sesións comezarán ás 21.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.