Prosegue o Verán Cultural da Pobra con tres grandes actividades para a rapazada

18 Agosto 2021

Na Pobra a cultura prosegue a pleno rendemento nesta segunda quincena de agosto. Os espectáculos para público familiar que integran o programa do Verán Cultural teñen continuidade no 19 de agosto con O mega aniversario… co cal La Guagua quere dar as grazas a toda a rapazada por ser todo un exemplo neste tempo marcado pola COVID-19. Transcorrerá a partir das 20.30 horas, no Cantón da Leña, e as prazas cubriranse por orde de chegada ata cubrir a cabida.

Ademais, Educateatro trasladará no 21 ás rúas, a partir das 18.00 horas, o seu Paseo Xurásico: un divertido itinerario protagonizado por un xigante Tiranosauro Rex corpóreo e dúas crías de Triceratops e Velociraptor que sorprenderá a todas as persoas viandantes, acompañados dun alegre paleontólogo que interactuará con todos eles. A dita programación está organizada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Así mesmo, o programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia achegará no día 20, ás 21.00 horas, a animación de rúa Troula Animación: Funky Party na que, un par de zancudos, ao ritmo de música disco dos 80, non pararán de bailar e animar aos presentes a que se unan á súa funky-party móbil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...