Prosegue este venres o Noia Harp Fest con clases maxistrais e concertos

06 Agosto 2021

A organización do VIII Noia Harp Fest compartiu con nós a axenda de actividades do festival noiés para este venres 6 de agosto. Haberá unha clase maxistral a cargo de Ana Crisman e tres concertos polo serán e pola noite.

Davide Burani & José Antonio Domené


Clase maxistral ‘Flamenco e arpa celta’ con Ana Crisman (Andalucía)
11.30h | Santa María A Nova
A arpista impartirá un obradoiro gratuíto do instrumento. O acceso á clase maxistral é de balde, previa reserva na web oficial do certame, www.noiaharpfest.gal. 

Concerto de Ana Crisman (Andalucía)
19.45h | Santa María A Nova
A primeira incursión do flamenco na historia do Noia Harp Fest chega da man de Ana Crisman. Desde 2016 estuda as posibilidades da arpa de xeito autodidacta, creando un repertorio con composicións propias que inclúe tarantas, rondeñas, soleás, granaínas, malagueñas, alegrías, bulerías ou fandangos.

Concerto de Formiga e Cigale (Francia & Cataluña)
22.00h | Coliseo Noela
Desde Bélxica chega este dúo, formado por unha arpa celta e un violín, que deleita á multitude coas súas actuacións en directo únicas. O seu son é unha exploración dos elementos modernos da música folk mantendo a súa esencia fundamental. A súa voz é distintiva, cun estilo solapado que se mestura perfectamente.

Ysando Trío (Paraguai)
23.00h | Coliseo Noelia
Ysando é a unión de tres solistas: Orlando Rojas (guitarra clásica e popular), Andrea González (violinista clásica e popular) e Ismael Ledesma (arpista, compositor e intérprete). O resultado é unha suxerente fusión da tradición musical paraguaia e latinoamericana con composicións propias.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.