O lume deste mércores no Maño (A Pobra) foi causado presuntamente por unha cabicha mal apagada

26 Agosto 2021

A Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), dependente da Consellería do Medio Rural, vén de esclarecer un lume rexistrado este mércores 25 de agosto no concello da Pobra do Caramiñal, concretamente na zona do Maño, onde foron queimadas só 0,01 grazas á rápida intervención dos efectivos do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF) de Galicia. Tras desprazarse ao lugar do incendio, a UIFO determinou que a presunta causa foi “unha cabicha mal apagada”. Para este traballo foi crucial tamén a colaboración dos axentes ambientais do distrito IV-Barbanza.

O referido incendio iniciouse ás 14,59 h. da pasada tarde na parroquia do Xobre ou O Maño e deuse por extinguido ás 16,18 h. Para o seu control mobilizáronse dous axentes, dúas brigadas e unha motobomba.

Agora, tras a localización da cabicha por parte da UIFO, estase a traballar na investigación completa conxuntamente coa Policía Nacional para que verifiquen a procedencia destes restos de cigarro mediante proba de ADN, continuando así coas dilixencias oportunas.

Medio Rural lembra que a UIFO está formada por 15 membros da escala de axentes ambientais, con dependencia directa do director xeral de Defensa do Monte. Trátase dun equipo de traballo desligado das tarefas de extinción, polo que se centran na investigación dos lumes.

Ademais, a Xunta lembra que máis do 70% do territorio galego está vixiado por un total de 142 cámaras repartidas por toda a xeografía galega e que permiten “salvagardar, detectar e anticiparse aos lumes, ademais de 12 drons cos que persoal da Xunta vixía os montes galegos para detectar condutas incendiarias”. A maiores, tamén vixían sobre o terreo unha trintena de patrullas do Exército cos seus respectivos drons, ao abeiro da Operación Centinela Gallego 2021.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.