A Pobra conta cun parque infantil cuberto coa colaboración da Xunta

31 Agosto 2021

A directora xeral da Administración Local, Natalia Prieto, visitou este martes 31 o concello da Pobra da Caramiñal para comprobar en persoa o resultado das tarefas de mellora desenvolvidas no parque infantil de Camiño Ancho, situado no recinto da antiga escola unitaria e sometido en datas recentes a unha serie de traballos entre os que se incluíu a instalación dunha cuberta para protexer á rapazada e ás familias da inclemencias climáticas (no proxecto, que incluíu a instalación de novos brinquedos e chan co caucho, e que en datas vindeiras incorporará estruturas de accesibilidade, a Xunta colaborou co Concello cunha achega de 40.000 euros).

Na súa estadía, Prieto estivo acompañada polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e pola concelleira dos Servizos Municipais e do Benestar Animal, Estefanía Ramos (Nós Pobra). A directora xeral tamén visitou o centro de recollida de animais abandonados, situado no Polígono da Tomada, creado no 2018 e que tivo un custe de 44.719’40 euros e que contou co apoio da Xunta con 42.636’77 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental.

Segundo lembraron, coa finalidade de mellorar os servizos e dar resposta á cantidade de animais abandonados, no 2020 executouse unha primeira ampliación por 45.586’22 euros (35.006’43 por parte da Administración autonómica e 10.579’57 euros da local), e, unha segunda no 2021 por 39.419’75 euros (34.103’50 da Xunta e 5.316’25 do Concello). Deste xeito, o refuxio conta actualmente con oficina, baño, espazo para animais que chegaron recentemente, área de corentena, patio exterior e dez canís.

O rexedor, quen agradeceu a presenza da directora xeral, trasladoulle nunha xuntanza previa no Consistorio as necesidades do municipio en materia de equipamentos ligados á prestación de servizos municipais: unha nova nave para a brigada ou a adquisición da que está en aluguer, a mellora da accesibilidade no edificio do Consistorio ou a compra de algún vehículo para a Policía local, entre outras cuestións. Pola súa parte, Natalia Prieto manifestou o compromiso da Xunta por manter o apoio aos concellos galegos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...