O Concello da Pobra celebrou o Día da Galiza Mártir cunha ofrenda floral na rúa de Alexandre Bóveda

18 Agosto 2021

O Concello da Pobra do Caramiñal sumouse aos actos de celebración, este 17 de agosto, do Día da Galiza Mártir. Fíxoo cunha ofrenda floral na rúa de Alexandre Bóveda na que participaron membros do Goberno municipal.

O concelleiro da Memoria Histórica, Xabier Santos (BNG), fixo fincapé na relevancia desta data na que, segundo apuntou, se homenaxean as persoas represaliadas polo franquismo. Focalizándose na figura de Alexandre Bóveda, o edil describiuno como “o motor dese primeiro Estatuto de Autonomía para Galicia que nunca se chegou levar adiante, que nunca se chegou a desenvolver debido ao golpe de Estado de 1936” e lembrou que “foi capturado aos poucos días do alzamento militar, sentenciado sen unha defensa xusta e fusilado no monte da Caeira, en Poio.” Neste senso, indicou que a concellaría da cal é titular aportará o seu gran de area para conseguir que no 17 de agosto se estableza un acto conmemorativo a nivel de todo Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.