Non é seguro que o capitán do Cobija viaxe este mércores a España

31 Agosto 2021

Antón Luaces.- Pablo Costas Villar, capitán do pesqueiro Cobija, agarda con incertidume a orde de se dirixir hoxe este mércores, 1 de setembro,  a O Cairo (Exipto) para, posteriormente, desprazarse a Vigo ou Santiago de Compostela vía Madrid. O Ministerio español de Auntos Exteriores garda o máis absoluto silenzo en torno a esta viaxe, talvez pola falta de seguridade das autoridades dese Estado fallido sumido nunha guerra civil desde vai sete anos. Costas está aloxado nun hotel próximo ao porto de Al Mukalla (no sur de Iemen), en cuxo porto permenece fondeado o buque que, ata a pasada semana, mandaba. Agora, sen responsabilidades oficiais a bordo, visita o mesmo para instruir a quen o remuda no cargo. 

Realizada unha PCR que determinará se é portador ou non  de coronavirus, o mariñeiro de Bueu ten no seu peto o pasaporte debidamente selado, e disposto para abandonar Iemen sen remorso, pero con poucas gañas de repetir estadía de tan longa duración nun país ao que chegou sen ter prefixada a ruta xa que viaxaba a ordes. Costas Villar non asume a acusación de pesca ilegal  que emana de Australia pola mediación da organización medioambientalista Sea Sepherd que, como xa ten informado O Barbanza, non proba de ningún xeito cas súas acusacións teñan un baseamento evidente e indiscutible. No mar, mariñeiros galegos que realizan pesca de altura coidan que, xunto co aporte de evidencias demostrables por parte de Australia para manter as súas acusacións, os armadores do Cobija e o propio capitán do buque deben xustificar -como semella poden facer- que nunca realizaron pesca ilegal, como dí Sea Sepherd en augas do Atlantico Suroeste controladas pola organización SEAFO, algo que debe reflectir o equipo de control da navegación (AIS) do buque.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...