No Barbanza primeira vitima pola Covid en catro meses. Era unha veciña da Pobra

02 Agosto 2021

Unha veciña da Pobra faleceu no Hospital Clínico, onde estaba ingresada diagnosticada da covid. É a primeira vítima mortal en Barbanza desde o mes de abril.

Nos últimos catro días faleceron 10 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus

Día 30 de xullo
Muller de 93 anos, no CHUS.

Día 31 de xullo
Muller de 95 no CHOP.

Día 1 de agosto
Muller de 89 anos, no HULA.
Home de 94 anos, no CHUF.
Home de 94 anos, no CHUF.
Home de 79 anos, no HULA.
Home de 87 anos, no H. do Salnés.

Día 2 de agosto
Home de 85 anos, no HULA.
Muller de 91 anos, no H. do Salnés.
Muller de 81 anos, no CHOP.

Todos tiñan patoloxías previas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.807 deles 4.002 son da área da Coruña, 2.257 da de Lugo, 1.763 da de Ourense, 2.925 da de Pontevedra, 4.577 da área de Vigo, 2.302 da de Santiago e 981 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 43 están en UCI, 285 en unidades de hospitalización e 18.479 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 137.899 persoas curadas, rexistrándose 2.464 falecementos.  O número de PCR realizadas é de 2.575.376. O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.523.861. 

Na área sanitaria Santiago-Barbanza parecen conterse os contaxios tras informar o Sergas da aparición de 109 nas últimas horas, cando na xornada anterior foron 152.

A preocupación sen embargo está no aumento da presión hospitalaria, con datos que non se rexistraban desde marzo. Este luns eran 35 as persoas con covid que estaban ingresadas no Hospital Clínico, catro na unidade de coidados intensivos e 31 en planta convencional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

A Unión Europea sempre estivo comprometida, polo menos en teoría, coa redución da pobreza e a exclusión social. Actualmente e de fronte ao futuro, segundo algúns expertos, requirirá un cambio de paradigma nas políticas económicas, cuxo punto de partida deberá ser o...