Na Pobra vandalismo de madrugada

Uns descoñecidos dedicáronse a esnaquizar de madrugada mobiliario urbano e esnaquizaron unha papeleira, tiraron á auga un contedor do lixo e levaron a tapa dun sumidoiro, deixando un buraco nunha zona de paso frecuente de veciños e visitantes que se sinalizou e balizou para evitar accidentes.

Os danos concentráronse nas inmediacións da ponte de San Antonio próximo á igrexa de O Maño. Durante a mañá de hoxe efectivos de Protección Civil da Pobra repuxeron o material danado.