Na Pobra unha persoa resultou ferida a causa dun accidente entre unha moto e un turismo

21 Agosto 2021
Accidentes y noticias

Un motorista resultou ferido de diversa consideración tras colidir contra un coche no concello coruñés da Pobra do Caramiñal.

Para prestarlle asistencia sanitaria, acudiu ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra no lugar dos feitos.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse ás 18:30 horas desta tarde cando os dous vehículos circulaban pola AC-305, ao seu paso pola parroquia do Xobre. Decontado, ademais dos profesionais de urxencias médicas, o persoal do 112 pediu a colaboración dos Bombeiros de Ribeira, así como dos axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, dos efectivos de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento das estradas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.