Unha muller de idade avanzada tivo que ser trasladada a un centro hospitalario a pasada noite logo de que a súa vivenda se derrubase.
Os feitos sucederon na Pobra do Caramiñal, concretamente na rúa Mirandela, uns minutos antes das dez.
Foi, a esa hora, cando a Policía Local contactou co 112 Galicia para alertar do derrubamento e, axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ribeira, de Protección Civil, da Garda Civil e dos Bombeiros de Boiro.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o teito da vivenda situado debaixo do tellado colapsou e caeu sobre o baixo da casa, onde se atopaba a muller.
