Na Pobra Eva Núñez Abeledo ofrecerá un taller de cociña baixa en hidratos

18 Agosto 2021

Na xornada do 19 de agosto, a Torre de Xunqueiras dará cabida, a partir das 11.00 horas, a un taller de cociña
baixa en hidratos que será impartido por Eva Núñez Abeledo, experta en reducir hidratos na cociña tradicional. A actividade consiste nun pequeno taller práctico de pan, un entrante, dous pratos e sobremesa con pratos baixos en hidratos que resultan moi útiles para a xente con diabetes.
Organizado pola Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia), coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal -que presta a cociña portátil municipal- e por Chicolino Eventos -que cede o espazo-, a dita
acción formativa é de balde e as inscricións realizaranse a través do enderezo electrónico anediagalicia@gmail.com ou do teléfono de contacto 644971454.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.