Muros e Ribeira estarán no nivel alto e A Pobra, Boiro, Carnota e Rianxo no medio

10 Agosto 2021

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou este martes os cambios nas restricións que afectan aos concellos de Galicia. No que incumbe a Barbanza, Muros deixa o nivel extremo e pasa ao alto, no que seguirá Ribeira, a pesar da melloría da capital barbancesa.

A evolución en Boiro e A Pobra si que permitiu que estes municipios baixen ao nivel medio, no que seguirán unha semana máis Carnota e Rianxo. Previsiblemente, as novas restricións entrarán en vigor, na xornada do sábado.

CONCELLOS- COMITÉ MARTES 10 AGOSTO DE 2021

  • NIVEL MÁXIMO O Grove
  • NIVEL ALTO
    A Coruña:
    Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, A Coruña, A Laracha, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carballo,
    Culleredo, Oleiros, Sada, Miño,
    Ferrol:
    Pontedeume, Cabanas, Ferrol
    Santiago:
    Muros, Ames, Ribeira

    Lugo:
    Viveiro, Burela, Foz, Chantada, Lugo, Ribadeo, Xove, Outeiro de Rei
    Ourense:
    O Barco de Valdeorras, Verín
    Pontevedra:
    Sanxenxo, Meaño, Bueu, Cambados, Marín, Meis, Poio, Pontevedra, Portas, Soutomaior, Vilaboa,
    Vilagarcía de Arousa
    Vigo:
    Baiona, A Guarda, Gondomar, Nigrán, O Porriño, redondela, Salvaterra , Tui, Vigo, Arbo, As
    Neves, Tomiño
  • MEDIO:
    A Coruña:
    Corcubión, Paderne, Ponteceso, Coristanco, muxia, Oza-Cesuras, Vimianzo, Abegondo, Cabana,
    Coiros, Bergondo, Curtis, Camariñas, Carral, Cerceda
    Ferrol:
    Cariño, Narón, Neda, Ares, Ortigueira, As Pontes, Cedeira, Fene
    Santiago:
    Touro, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Melide, Padrón, Santiago, Teo, Valga, Carnota, Oroso, Rianxo,
    Silleda
    Lugo:
    Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Cervo, Monforte, Mondoñedo, Sarria, Vilalba
    Ourense:
    Riós, Avión, A Rúa, Monterrei, Xinzo, O Carballiño, Ourense, Celanova, Coles, Allariz
    Pontevedra:
    A Illa de Arousa, A Lama, Cuntis, Barro, Pontecaldelas, Vilanova de Arousa, Catoira
    Vigo:
    Mondariz, Pazos de Borbén, Moaña, Mos, O Rosal, Cangas, Ponteareas, Salceda de Caselas

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 14 de agosto.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña

Hai restricións vixentes comúns ao todo o país e algunhas cambiounas a Xunta hoxe. Así praias e parques pechan desde a medianoite ata as seis da mañá e non se poden reunir en exteriores máis de 10 persoas non conviventes, 6 en interiores.

Ademais, hai restricións específicas segundo o nivel do municipio, variación de limitacións que afecta principalmente á hostalería:

Nivel máximo

Establecementos de hostalería e restauración: Interior 30% (maiores de 12 anos deberán presentar certificado) e terrazas: 50%.
Lecer nocturno: 50% de terrazas permitidas. Peche á 1 p.m.

Nivel alto

Os parques e xardíns públicos e as praias pecharán entre as 00:00 e as 06:00.
Establecementos de hostalería e restauración: Interior 30% (maiores de 12 anos deberán presentar certificado) e terrazas: 50%.

Nivel medio

Establecementos de hostalería e restauración: Interior 50% e terrazas: 50%. Non se require certificado.
Lecer nocturno: 50% interior permitido (requírese presentación de certificado) e 100% terrazas. Peche ás 3 p.m.

Nivel medio-baixo

Establecementos de hostalería e restauración: Interior 50% e terrazas: 100%.
Lecer nocturno: 50% interior permitido (requírese presentación de certificado) e 100% terrazas. Peche ás 3 p.m.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...