Leirabuxo recala en Noia o 21 de agosto na praza do Curro

13 Agosto 2021

A agrupación Leirabuxo, con sede en Melide, estará o vindeiro 21 de agosto en Noia coincidindo coa celebración da iniciativa Pon un Sancosmeiro. Será ás 21.30 horas na praza do Curro.

O concerto, unha das actividades estrelas do programa da dita festividade (que este ano, se ben non é tan completo coma noutras edicións, por mor da pandemia, promete ser novamente unha destacada exaltación da cultura tradicional e local), vén da man da Concellería de Cultura de Noia, que lanzou un convite aos veciños e veciñas para que acompañen as celebracións sacando á rúa cadanseus traxes tradicionais. O concerto terá o aforo limitado e as prazas cómpre reservalas a través de culturaconcellodenoia@gmail.com indicando nome, DNI e teléfono de contacto (máximo dous convites por persoa).

Sobre Leirabuxo

Leirabuxo é un proxecto musical que xorde no berce da bisbarra de Melide (A Coruña) e arredores en 2010, froito dunha xuntanza de catro amigos amantes da música tradicional e, concretamente, das posibilidades creativas e artísticas que xorden dun material singular con forte significado na nosa terra: o pau de buxo.

Nos seus comezos, o proxecto estaba composto por Manuel Varela (acordeón), Román Varela (tamboril), Carlos “Pulgui” Varela (bombo), e Carlos Fandiño (gaita); posteriormente incorporáronse X. Luis Barreiro (gaita), David Fernández (saxofón barítono) e as voces de Carla e Lía Rey.

En 2014 gravan e editan o seu primeiro traballo discográfico, que sae ao mercado baixo o título Pé de ouro, raíces de prata (2014).

Nestes case oito anos de existencia, Leirabuxo xa participou en múltiples festivais, tales como o Festival de Pardiñas, Festival de la Luz, Son do Masma, Festival do Melindre e outros moitos eventos e festas. En 2018 sae o segundo traballo discográfico, Minimum.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...