Galicia pide cambios na proposta de regulamento europeo de control da pesca

05 Agosto 2021

A comunidade galega solicita a exención da baixura e do marisqueo da obriga de xeolocalización, que non se incrementen os requisitos de comunicación das capturas para a frota costeira e que a instalación de cámaras a bordo sexa voluntaria ou como sanción ante a comisión dalgunha infracción.

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, mantivo esta semana un encontro cos representantes da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga) na que analizaron o proxecto de regulamento europeo de control da pesca que promove a Comisión Europea e o seu posible impacto na frota galega. A representante da Consellería do Mar explicoulles que a Xunta considera o texto actual moi afastado da realidade do sector, ao incluír medidas excesivas e disparatadas, e aposta pola necesidade de introducir modificacións no marco dos trílogos, os debates entre a Comisión Europea, a Eurocámara e o Consello Europeo para o seu deseño final.

Mercedes Rodríguez detallou aos integrantes de Acerga que o Executivo galego está a defender as súas propostas ante todos os estamentos comunitarios así como ante o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación co obxectivo de que no futuro regulamento sexan atendidas as peculiaridades da frota artesanal galega.

Neste sentido, os representantes do sector mostraron a súa preocupación pola posibilidade de que os barcos de cerco máis pequenos teñan que instalar un sistema de xeolocalización ou cumprimentar o diario electrónico de a bordo co rexistro das súas capturas, algo que xa queda patente nas súas declaracións de desembarque. Trátase de medidas que consideran innecesarias ao ser barcos que traballan moi preto da costa e que, indican, están ben controlados cos sistemas de vixilancia existentes na actualidade.

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica expúxolle aos armadores que Galicia defende a exención tanto da baixura como do marisqueo da obriga de xeolocalización -o que incluiría aos barcos máis pequenos do cerco-, que a instalación de cámaras a bordo debería ser voluntaria ou como sanción ante a comisión dalgunha infracción e que non é necesario adoptar novas medidas de control das capturas para a frota artesanal e o marisqueo pois xa contan cun sistema acorde á súa realidade. Neste sentido, a comunidade entende que os controis vixentes son rigorosos e suficientes para estes profesionais, que faenan preto da costa, mentres que as medidas propostas pola Comisión Europea suporían duplicar trámites e dificultarían o traballo do sector.

Estas cuestións xa foron trasladas pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación -para que defenda os intereses da frota galega ante Bruxelas- así como á directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, ao presidente da Comisión de Pesca da Eurocámara, Pierre Karleskind, e ao ministro do Mar de Portugal e presidente rotatorio do Consello de Ministros de Pesca da UE, Ricardo Serrão, en distintos encontros mantidos nos últimos meses.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.