En Ribeira localizado un coche tras colisionar con outro e fuxir

A media tarde produciuse unha colisión entre un turismo e unha furgoneta na rotonda entre a avenida da Paz coa estrada comarcal AC-305, en Ribeira. Un coche reduciu a marcha para entrar na glorieta e nese momento foi embestido polo outro vehículo que se deu á fuga.

Ao lugar desprazáronse Policía Local de Ribeira, Garda Civil de Tráfico, o GAEM e unha ambulancia do 061. Como consecuencia do choque, a condutora do turismo unha veciña do municipio duns 30 anos de idade, sufriu lesións leves e foi trasladada ao hospital comarcal de Barbanza para unha revisión.

A furgoneta fuxida foi localizada polas forzas do orde minutos despois do accidente, cando circulaba polo centro de Ribeira procedendo os axentes a instruír as dilixencias do suceso.