En Palmeira moito ambiente na apertura de portas da sétima festa do polbo

28 Agosto 2021

A sétima edición da Festa do Polbo de Palmeira vén de abrir as súas portas e xa se rexistra un grande ambiente na carpa instalada na zona portuaria da localidade.
Así, baixo os acordes da charanga Os Santiaguiños de Padrón, os primeiros comensais foron enchendo o recinto para degustar o cefalópodo, preparado polo pulpeiro Manuel Veloso. A diferenza de anos anteriores, non hai mesas corridas senón outras máis pequenas para grupos reducidos coa fin de adaptarse á normativa anticovid.
Pregón
Cómpre lembrar que o pregón está previsto para as oito da tarde do e será pronunciado polo maxistrado do Tribunal Supremo José Alberto Fernández Rodera. Antes e despois desta intervención actuará a cantante Thais Suki, en tanto que a partir das 21.30 horas será o turno de Os Bugis no marco da programación das Rúas Musicais.
En canto a mañá domingo, a partir das 21 horas terá lugar a gala Camiño das Estrelas que tanto éxito tivera o verán pasado en Aguiño e que nesta ocasión contará coas actuacións de As Voces do Camiño (entre as mesmas, a da ribeirense Ana Paz), a acróbata Juliette, o mago David Maestro e os bailaríns de Grow As Ohana. A entrada é libre ata completar aforo.
A cita está organizada polo Concello de Ribeira coa colaboración dos bares A de Alejandro, Baluarte e Manolo o do Café e a comisión de festas.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.