En Palmeira Fernández Rodera salientou o papel do polbo na linguaxe coloquial e na literatura no pregón da Festa

29 Agosto 2021

Ante moitísima xente o maxistrado do Tribunal Supremo José Alberto Fernández Rodera deu na tarde de onte no recinto portuario de Palmeira o pregón da sétima Festa do Polbo da localidade.
O xuiz, fillo de palmeirán, foi introducido polo alcalde Manuel Ruiz, quen ademais de repasar a súa sobresaliente traxectoria no mundo da xudicatura, ensalzou a talla dos pregoeiros e pregoeiras que teñen pasado pola festa, con persoeiros como Enrique Paisal, Pemón Bouzas, José Ramón González, Yago Iglesias, Manuela Gago e Álex Vidal.
A continuación, Fernández Rodera manifestou que é unha honra e unha emoción poder falar no pobo do seu pai, “que yo considero que es mío también”, ademais de aplaudir que dende fai pouco chegue ata o lugar do evento o paseo Plácido Betanzos, moi amigo e querido.
Tocante ás cualidades do cefalópodo, o pregoeiro quixo destacar a súa contribución á linguaxe cotiá (con expresións como “le dieron las del pulpo”, “estoy como un pulpo en un garaje”…), así como o seu papel na literatura (en obras como “Os traballadores do mar” de Víctor Hugo e “Vinte mil leguas de viaxe submariña” de Xulio Verne ou co kraken da mitoloxía nórdica). E tamén quixo facer referencia ao polbo Paul que prognosticou o campionato do mundo de fútbol gañado pola Selección Española.
O maxistrado concluíu a súa intervención cun “viva o polbo e viva Palmeira”.
Xornada do domingo
Hoxe domingo, o mediodía estivo amenizado pola charanga Os Santiaguiños de Padrón mentres que a partir das 21 horas terá lugar a gala Camiño das Estrelas que tanto éxito tivera o verán pasado en Aguiño e que nesta ocasión contará coas actuacións de As Voces do Camiño (entre as mesmas, a da ribeirense Ana Paz), a acróbata Juliette, o mago David Maestro e os bailaríns de Grow As Ohana. A entrada é libre ata completar aforo.
A cita está organizada polo Concello de Ribeira coa colaboración dos bares A de Alejandro, Baluarte e Manolo do Café e a comisión de festas.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.