Detidos un veciño de Boiro e outro da Pobra por un roubo con intimidación nun estanco

14 Agosto 2021

Axentes da Garda Civil detiveron a dous homes, veciños de Boiro e A Pobra do Caramiñal, como supostos autores dun delito de roubo con intimidación nun estanco.

Os feitos ocorreron o pasado 28 de xullo cando os detidos chegaron ás inmediacións dun estanco de Boiro nun vehículo, á hora de peche do establecemento. Un dos ocupantes, co rostro oculto cunha careta, entrou no local esgrimindo unha arma branca, a cal aproximou á dependenta mentres lle esixía a entrega de todo o efectivo que tivese fuxindo posteriormente cuns catrocentos euros.

A Garda Civil identificar os autores, cunha importante participación cidadá e procedeu á detención destes dous homes, como supostos autores dun delito de roubo con intimidación e á incautación do vehículo utilizado.Os detidos, xunto coas actuacións realizadas e os efectos incautados, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución garda de Ribeira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.