Catro concellos da comarca terán plans de emerxencia fronte á seca: Ribeira, Noia, Porto do Son e Lousame

10 Agosto 2021

A Xunta acaba de conceder axudas a 69 concellos galegos para que poidan elaborar plans de emerxencia contra a seca, investindo para iso máis de 825.000 euros. Na comarca serán beneficiados Ribeira, Noia, Porto do Son e Lousame.

A Xunta de Galicia concede axudas a 69 concellos para elaborar plans de emerxencia fronte á seca que supoñen un investimento de máis de 825.000 euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de notificarlle aos municipios beneficiados o outorgamento destas subvencións enmarcadas nunha convocatoria dotada inicialmente con 250.000 euros, e posteriormente ampliada para atender as solicitudes recibidas.

Esta terceira convocatoria, publicada en abril deste ano, súmase ás dúas precedentes, que xa beneficiou a 40 concellos. Así, prevese acadar o vindeiro ano, polo menos, que 109 concellos dispoñan desta ferramenta para poder estar preparados e anticiparse a posibles situacións de seca.

As axudas, dirixidas os concellos de menos de 50.000 habitantes, financian o 80% do custo da redacción do plan, cun importe de ata 15.000 euros por solicitude e subvencionan actuacións realizadas desde o 1 de xaneiro de 2021. Ademais, as axudas son compatibles co cofinanciamento que acheguen outras administracións públicas, como as deputacións provinciais.

Os plans de emerxencia fronte a seca son un instrumento clave para anticiparse e preparar solucións que garantan o abastecemento de auga á poboación.

Con estes incentivos, o departamento que preside Ethel Vázquez, presta apoio técnico e financeiro en materia de augas aos concellos para que cada sistema de abastecemento dispoña do seu propio plan de emerxencia fronte á seca e teña claro como actuar ante unha situación de alerta.

Cómpre lembrar que a Lei de garantía de abastecemento de auga, aprobada pola Administración autonómica e que entrou en vigor en xaneiro de 2020, establece un prazo de 2 anos para que os concellos de menos de 20.000 habitantes elaboren plans de emerxencia fronte á seca.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...