As organización sindicais denuncian as condicións de traballo do persoal do Parque das Illas Atlánticas

13 Agosto 2021

As organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT denunciaron ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, as condicións de precariedade laboral nas que, segundo indican estas plataformas, desenvolve o seu labor o persoal empregado público que presta servizo no Parque Natural das Illas Atlánticas. Reivindícase “urxentemente” a apertura dunha negociación.

Este requirimento pon o foco nas 25 persoas empregadas públicas, entre persoal funcionario e laboral (axentes, vixilantes, guías e tripulación), que prestan servizo os 365 días ao ano nas illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, que, segundo lembran as organizacións, “están a día de hoxe en loita pola regulación das súas condicións laborais xa que se atopan nun limbo dende a transferencia deste espazo natural protexido do Estado español á Xunta de Galiza no 2008”.

Nas súas reclamacións indican que “a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantén o servizo as 24 horas do día os 365 días do ano cun cadro de persoal raquítico e sen un acordo de condicións de traballo que regule a súa situación singular; para máis as empresas e contratas das que tira a Xunta de Galicia no verán para obras e actuacións, nas que os traballadores teñen condicións aínda peores, comparten co persoal empregado público espazos e penosidades tirando da solidariedade e da vontade do persoal propio e a espera dun regulamento de coordinación das actividades empresariais nas illas e da delimitación de espazos e responsabilidades que nunca chega”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.