As familias de Outes xa poden inscribirse nos novos servizos de conciliación do Concello

19 Agosto 2021

O Concello de Outes pon a disposición das familias locais os servizos de conciliación Madrugadores e Tardes Divertidas para o curso 2021-2022, que forman parte do programa Outes Concilia, destinado a achegar alternativas de lecer e formación para a rapazada que complementen as actividades dos seus centros educativos.

As devanditas actividades desenvolveranse no edificio autónomo do CEIP Plurilingüe de Outes.

Ámbolos dous servizos están destinados a nenas e nenos escolarizados neste centro docente, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Poderán ser utilizados de forma fixa ou ocasional.

O prazo de inscrición xa está aberto dende este 18 de agosto.

Quen precise máis datos sobre estas actividades pode visitar a web do Concello, onde se ofrecen os PDF con información máis detallada.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...