A Banda Crebinsky, en concerto o vindeiro 20 de agosto na praza noiesa do Curro

13 Agosto 2021

A Banda Crebinsky, agrupación popular xurdida a raíz do filme galego Os Crebinsky, no que contribuíu a crear evocadoras e surrealistas sonoridades que aínda permanecen latentes no recordo de cantos vimos aquela película, estará os días vindeiros en Noia, concretamente o 20 de agosto, facendo unha parada na súa xira.

Todo indica a que novamente ofrecerán unha destacada escolma dos ingredientes que mellor manexan: este punto no que conflúen e se enriquecen a música máis experimental co folk, o jazz, o rock e a música clásica. As prazas novamente serán limitadas. Para solicitalas deberemos enviar un correo a culturaconcellodenoia@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.