Un completo abano de actividades integran a Semana do Mar na Pobra

09 Xullo 2021
Foto Concello A Pobra

Unha nova edición da Semana do Mar chega á Pobra do Caramiñal dende o día 15 ata 25 de xullo, pondo así en
valor o vínculo do municipio co mundo mariño, tal e como puxo de manifesto a concelleira do Turismo, Charo Varela (Nós Pobra), no acto de presentación desta proposta. Acompañada da técnica municipal desta área, Sara Sánchez; do
presidente da Asociación Amigos do Camiño do Barbanza A Orixe; e de Daniel Castaño, en representación de Iacobus Medieval, a edil expuxo que “A Pobra é unha vila que mira o mar, que vive del e que ten unha fonda tradición con el.”
A programación comezará no día 15 co mercado mariñeiro que se estenderá ata o 18. Situarase nos Xardíns de Valle-Inclán e nas prazas contiguas, e estará integrado por un total de 65 postos de diversa índole.
No 17 terá lugar a charla A pesca artesanal e sostible. Orgullo do noso, da man de Rogelio Santos Queiruga, mariñeiro de Porto do Son e divulgador sobre o seu oficio. Será ás 20.00 horas no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
No día seguinte, 18, o xornalista Manuel Gago ofrecerá un paseo guiado polo litoral pobrense. Titulado Contos, lendas e historias a carón do mar, o percorrido comprende dende a praia da Illa ata o convento de Santo Antonio. Establécese
como punto de encontro a explanada portuaria, ás 10.45 horas, dende onde un autobús trasladará as persoas participantes ata o referido areal.
Xa no 23, as mariscadoras da Asociación Mar da Pobra explicarán o seu labor nunha xornada de turismo mariñeiro que transcorrerá na praia dos Areos. A visita sairá da oficina do turismo ás 10.45 horas.
Para o día 24, configúranse dúas propostas. Por unha banda, o percorrido do Camiño de Santiago A Orixe ó seu paso pola Pobra do Caramiñal, guiado pola Asociación Amigos do Camiño do Barbanza A Orixe. As persoas asistentes terán
a oportunidade de face-la marcaxe de varias frechas amarelas que sinalan a dirección do Camiño. O punto de encontro será na explanada portuaria ás 09.00 horas e tamén haberá autobús para realiza-lo desprazamento ata a praia da
Corna, de onde partirá a ruta que finalizará no centro urbano. Deste xeito, farase a pé un tramo do itinerario. Así mesmo, na praia dos Areos, dende as 11.00 ata as 12.30 horas, desenvolverase a actividade infantil A pesca-la troula que consistirá en contacontos, títeres, maxia mariñeira, contaxogos etcétera.

E, finalmente, no Día de Galicia, 25 de xullo, navegarase en catamarán a Ruta Xacobea do Mar da Arousa e Río Ulla. A saída do porto náutico estipúlase nas 16.00 horas. As reservan débense formalizar na páxina web www.piratasdenabia.com.
Tódalas actividades están suxeitas a grupos limitados e ó uso da máscara. Agás para o mercado mariñeiro, requírese a inscrición previa no teléfono 981843280, marcando a extensión 2035, de luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00
horas, ou presencialmente no punto de información turística, situado na Casa Mariñeira, de luns a sábado.
Máis información na propia oficina do turismo, mediante o enderezo electrónico turismo@apobra.gal, ou a través dos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...