Suspéndense na Pobra o Carme dos Pincheiros e o Entrebateas

30 Xullo 2021

O alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), xunto coa concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a súa homóloga da Promoción Económica, Charo Varela (Nós Pobra), anunciaron este venres 30 de xullo que se suspenden o Carme dos Pincheiros e o Entrebateas. A decisión tomouse de xeito conxunto entre o Concello e as entidades organizadoras de cada un dos eventos, motivada pola situación epidemiolóxica derivada da COVID-19, pois, tal e como indicou o rexedor, “cos datos deste 30 de xullo, con 33 casos a 7 días, situariámonos dentro dunha semana en 33 casos a 14 días, é dicir, unha semana antes do inicio das celebracións estariamos cun número de casos en incidencia maior que cando decidimos suspender oi Carme do Castelo; polo tanto, considerámolo necesario”.

No referente ao Entrebateas, a pesar de que tería lugar no mes de setembro, o mandatario local sinalou que, nesta situación, non se considera apropiado anunciar e darlle publicidade a un evento desta magnitude. Expresaron así o seu agradecemento tanto á comisión do Carme dos Pincheiros coma á organización do Entrebateas.

A edil da Cultura apuntou que se tiña previsto que ámbalas programacións “fosen adiante, pero, debido á situación que estamos vivindo e cos datos que temos da COVID, cremos que non é o momento máis oportuno”. Pola súa parte, a concelleira da Promoción Económica referiuse a como afectan este tipo de decisións o comercio e a hostalaría, pero indicou que, neste momento, é preciso ser prudentes “para que non teñamos que pechar nin haxa unha repunta importante.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...