Ribeira ofrece rutas guiadas polo Parque de San Roque, Miradoiro de Pedra da Ra e o Castro da Cidá

14 Xullo 2021

Turismo Ribeira vén de anunciar que este verán porá en marcha un servizo de visitas guiadas gratuítas polo municipio a enclaves naturais: por unha banda, ao parque periurbano de San Roque e, por outra, ao miradoiro de Pedra da Ra e o Castro da Cidá.
A visita a San Roque terá lugar os martes de xullo, agosto e setembro e permitirá adentrarse en tres manifestacións culturais da prehistoria galega como son o megalitismo, a arte rupestre e o castrexo, en horario de 11 a 12:30 horas.
Doutra banda, as visitas ao miradoiro de Pedra da Ra e o Castro da Cidá serán os venres de xullo, agosto e setembro, de 11 a 12:30 horas.
Así, o prazo de inscrición está aberto, e tódalas persoas interesadas deberán formular a súa solicitude na oficina de Turismo do Malecón, ou a través do teléfono 981 873 007 ou o email oficinaturismo@ribeira.gal. As actividades realizaranse baixo o cumprimento de tódalas medidas de seguridade por mor da pandemia da COVID-19.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...