O Noia Harp Fest pendura o cartel de “localidades esgotadas” para a súa nova edición

31 Xullo 2021

O VIII Festival Internacional de Arpa Vila de Noia (o Noia Harp Fest) prepárase para celebrar unha nova edición con todas as prazas reservadas antes do seu inicio. O certame, que se desenvolve entre o 4 e o 6 de agosto a ceo aberto, nos xardíns da Central Hidroeléctrica do Tambre e na praza do Tapal, conta con lista de agarda para poder acceder aos recintos e goza de balde de diferentes mostras de talento e creatividade arredor deste evocador instrumento.

Tanto a dirección do certame como o Concello de Noia lembran ao público que, para garantir o goce seguro da proposta, “a máscara será de uso obrigatorio durante o desenvolvemento dos concertos”. Ademais, a organización pide que todas aquelas persoas que teñan a súa reserva confirmada e que, finalmente, non poidan asistir, avisen con antelación ao correo programacionconcellodenoia@gmail.com para que o equipo de Noia Harp Fest se poida poñer en contacto con tempo coas persoas que teñen solicitada localidade e que se atopan na lista de espera.

Acontecemento único

O certame Noia Harp Fest, o único acontecemento musical e divulgativo centrado na cultura arpística dentro do noroeste ibérico, vai celebrar a súa sétima edición entre o 4 e o 6 de agosto. Noia converterase novamente nun punto de encontro para músicos de toda Europa e América, procedentes de Italia, Bretaña, Lituania, Francia, Paraguai, Galicia, Euskadi, Cataluña e Andalucía. Acudirán artistas tan sobranceiros como a italiana Marianne Gubri, o bretón Tristan le Govic (en formato trío), a andaluza Ana Crisman e agrupacións como a banda vasca Basabi. Por estilos, o abano de proposta promete ser amplo e variado (música clásica, folk, flamenco, vangarda), malia ser a arpa o nexo común das contribucións.

Noia Harp Fest incorpora este ano un novo escenario a ceo aberto, os xardíns da Central Hidroeléctrica do Tambre, que se suma ao habitual da praza do Tapal; mentres que Santa María A Nova acollerá os obradoiros de arpa.

Haberá gratuítos para o público, ao aire libre, de intérpretes destacados deste instrumento.

Nnesta edición do Noia Harp Fest tamén estarán presentes, como é habitual, os músicos galegos. É o caso de Pedro Lamas. O creador e compositor acompañará a Aiste Bruzaite nun concerto de kanklès, un instrumento de corda popular lituano moi popular neste país e na súa contorna.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...